Dende o HDC Galiza queremos darvos as grazas a todos/as os/as que
asististes ao noso primeiro aniversário, un ano desde que decidimos
iniciar a andadura deste club.
Queremos dar as grazas a toda a familia HDC por felicitarnos nesta
ocasión, á Federación Española de Harley Riders, en especial a os HDC
que puidestes asistir a nosa festa, Hdc Andalucía, Hdc Cádiz, HDC
Euskalherria Harley, HDC Almassora, H-DC Mallorca.
Mención especial a HDC Astur e HDC Montañés, os nosos padrinos e irmáns,
non só pola súa asistencia o noso aniversário ou o seu máis que
demostrada amizade, sinó pola súa orientación, guia e acollemento neste
ano.
Non podemos nin queremos esquecernos da Doom Crew MC Gallaecia pola súa
amizade e irmandade dende que iniciamos este proxecto, a Ermitaños MG,
Dark Dragons MG Coruña, Tribu Mohican e Irmandade Gallaécia, pola súa
amizade e por compartir neste dia especial, ruta, comida e cea connosco.
A todos e todas os que nalgún momento pasástesvos polo 1º Meigas Fora!!!
grazas polas vosas felicitacions e ánimos para continuar con esta
celebración, somos conscientes da complicación na celebración destes
eventos e agardamos aos poucos ir millorandoa e potenciandoa para que
participen dela máis e máis bikers.
GRAZAS e un abrazo forte a todos e todas desde o HDC Galiza.