Incrible e inovidable fin de semana o que tivemos a sorte de pasar no President Meeting, marabillosos momentos pasados con festa, amizade, irmandade, e por últmo coa entrada do HDC Galiza como invitado na Federación Española de Harley Riders, e como de ben paridos é ser agradecidos, son moitas as grazas que temos que dar.
En primeiro lugar grazas pola organización, o HDC La Mancha pola comida, pola festa, pola estacia, grazas por existir e un millón de grazas por facernos sentir como na nosa casa, nunca nos cansaremos de voltar por ahí cando teñamos ocasión, grazas por todo.
En segundo lugar, grazas a Federación Española de Harley Riders por ternos aceptado como invitados na mesma, todas as grandes viaxes comezan con un pequeño paso e esta será a viáxe máis grande e importante que afrontará este club, nos próximos anos, e o pequeño paso dado este fin de semana é o primeiro dos moitos que agardamos dar nesa federación.
E en terceiro lugar, queremos dar as grazas os HDC Astur e o HDC Montañés, por ser os nosos padriños para abrir esa porta de acceso a federación española, conocervos fixo que este paso non tivera dúbida alguna, agardamos chegar a cumplir con todas as expectativas creadas en nós.
4