1º ANIVERSÁRIO HDC GALIZA "Meigas Fora 2018"

Dende o HDC Galiza queremos darvos as grazas a todos/as os/as que asististes ao noso primeiro aniversário, un ano desde que decidimos iniciar a andadura deste club.

Queremos dar as grazas a toda a familia HDC por felicitarnos nesta ocasión, á Federación Española de Harley Riders, en especial a os HDC que puidestes asistir a nosa festa, Hdc Andalucía, Hdc Cádiz, HDC Euskalherria Harley, HDC Almassora, H-DC Mallorca.

Mención especial a HDC Astur e HDC Montañés, os nosos padrinos e irmáns, non só pola súa asistencia o noso aniversário ou o seu máis que demostrada amizade, sinó pola súa orientación, guia e acollemento neste ano.

Non podemos nin queremos esquecernos da Doom Crew MC Gallaecia pola súa amizade e irmandade dende que iniciamos este proxecto, a Ermitaños MG, Dark Dragons MG Coruña, Tribu Mohican e Irmandade Gallaécia, pola súa amizade e por compartir neste dia especial, ruta, comida e cea connosco.

A todos e todas os que nalgún momento pasástesvos polo 1º Meigas Fora!!! grazas polas vosas felicitacions e ánimos para continuar con esta celebración, somos conscientes da complicación na celebración destes eventos e agardamos aos poucos ir millorandoa e potenciandoa para que participen dela máis e máis bikers.

GRAZAS e un abrazo forte a todos e todas desde o HDC Galiza.