Como motoristas e como galegos somos os primeiros en gozar de todo o patrimonio natural que temos na nosa terra, patrimonio que nos marca a nós e os amigos motoristas que nos visitan.
Nestes días non podemos quedar calados ante tanta miseria para a nosa contorna natural que mesmo segou 4 vidas, e queremos mostrar o noso máis fondo desprezo polos miserables que ocasionaron toda esta desgraza.
Ao mesmo tempo tamén o sentimento de orgullo que como galleg@s sentimos por ver esa forza que mostramos en momentos como este, e desde aquí ofrecer a nosa homenaxe a tod@s os que sen medios pero coa forza que temos como pobo saíron a loitar contra a peste dos lumes.
Non podemos esquecernos dos nosos irmáns, o pobo Asturiano e Portugués, que igual que nós seguen loitando a tal hora contra o lume, toda a nosa forza está tamén con eles.
Por iso, e durante estes días cambiaremos as cores do noso club, en homenaxe a todos os voluntarios e contra os terroristas que ocasionan tanta desgraza.
LUMES, NUNCA MÁIS
HDC Galiza