FESTA DE PRESENTACIÓN HDC GALIZA 2 / 9 / 2017

Dende o HDC Galiza queremos dar as grazas todos os asistentes á nosa festa de presentación, en especial ao HDC Astur e ao HDC Montañés por todos os kilómetros que fixeron para compartir este importante momento connosco e por ofrecernos a súa amizade, esperamos que disfrutárades do dia tanto como nós, e que eses kilómetros merceran a pena.

A Doom Crew MC Gallaecia pola súa asistencia e por ese gran detalle cara a nós que gardaremos e lembraremos sempre.
A Furtivos MG de Betanzos por acompañarnos durante toda a festa, pondo eles ao mellor guitarrista do mundo ;) .
A todos os compoñentes do HOG que se pasaron a gozar un momento connosco e desexar sorte e kilometros ao HDC Galiza.
A Gaizka e Chony de Al Otro Lado en Miño, por facer que a súa casa sexa a nosa casa sempre que alí estamos e por facilitarnos esta festa de presentación que nunca esqueceremos.
A todos os grupos de amigos e free bikers que pola nosa festa pasaron e gozaron da comida, a música e a amizade, tod@s @s que compoñemos o Harley Davidson Club Galiza agardamos estar á altura da vosa amizade e prometémosvos que tentaremos que o bo rollo deste sabado repítase moitas veces e moitos anos.
Aos que por traballo ou obrigas non puidestes vir, sentimos que volo perdésedes, pero tranquilos, haberá máis, e tentaremos que mellor.


HDC Galiza